O Pleno aproba por unanimidade a Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2023

O Pleno do Consello Económico e Social de Galicia aprobou na súa sesión de hoxe, por unanimidade, a Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2023, o informe anual que este organismo consultivo elabora sobre a realidade socioeconómica galega desde o punto de vista dos axentes da sociedade civil. Estruturado en cinco capítulos, o documento inclúe, como elemento distintivo, un capítulo de “Consideracións” coas opinións dos membros sobre os aspectos máis salientables da situación e a súa evolución.

Na imaxe, foto de familia dos membros do Pleno, co presidente en primeiro termo, logo da sesión de hoxe.