O órgano de dirección da RTA estudia abrir a rede á institucións de Irlanda e Gales

Reunión do Comité de Orientacións da organización celebrada en Burdeos

Presidentes e secretarios xerais dos CES españois e franceses que conforman a Rede Transnacional Atlántica (RTA) celebraron estes días na cidade francesa de Burdeos unha nova reunión do Comité de Orientacións da organización. O novo presidente do CES-Galicia, Manuel Pérez, tivo ocasión de participar por primeira vez nunha sesión do órgano directivo da rede, que agrupa aos Consellos Económicos e Sociais da fachada atlántica europea.

Entre outros asuntos, o Comité elixiu ao novo presidente para os vindeiros dous anos, cargo que corresponderá ao representante do CESER da rexión francesa de Bretaña, Patrick Care. Os participantes debateron tamén a posibilidade de ampliar a rede de entidades implicadas para dar cabida a organismos homólogos de Irlanda e País de Gales, territorios que comparten ubicación xeográfica e problemas comúns coa actuáis membros.

Durante a sesión de traballo, os membros da RTA dialogaron sobre diversos cambios na forma de funcionamento da organización para mellorar a elaboración dos documentos e aportaron propostas para un novo asunto de traballo para abordar neste vindeiro período.

A presidencia saínte deu conta do labor realizado neste dous últimos anos, recollido nunh memoria de actividades da organización que pode consultarse no documento desta páxina.

Na imaxe, o presidente do CES-Galicia, Manuel Pérez (segundo pola dereita), na reunión celebrada en Burdeos.