A Comisión sectorial nº 1 deu hoxe o seu visto e prace ao informe sobre “Sistemas artesanais en Galicia. Perspectivas de futuro”, logo unha presentación a cargo do equipo encargado da súa redacción. A profesora da UDC Luz Paz explicou aos membros dos CES o contido do documento, que foi avaliado moi positivamente. O informe continuará agora o seu trámite na Comisión Permanente antes de ser remitido ao Pleno do organismo para a súa aprobación final.
