Representantes do recentemente criado Foro Fieito acudiron a unha sesión da Comisión Permanente do CES para dar a coñecer aos membros os prantexamentos deste novo laboratorio de ideas. Luis Miguel Varela e Dolores Riveiro explicaron na reunión a filosofía que anima a este “think tank” xurdido no ámbito académico e científico de Galicia e formado por unha trintena de académicos, científicos e tecnólogos co obxectivo de contribuir ao desenvolvemento industrial de Galicia facéndoo compatible coa preservación do medio ambiente e da saúde pública.
