O Consello Económico e Social vai participar no grupo de traballo de Desenvolmento Social, dentro da Comisión Interdepartamental de Seguimento da Axenda 2030 en Galicia. O grupo, coordenado pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, contará un membro do Gabinete Técnico do CES como interlocutor para as cuestións relativas á implementación dos obxectivos de desenvolvemento sustentable e das metas sociais da Axenda 2030.