O presidente do CES-Galicia, Manuel Pérez, participou hoxe na reunión da Xunta de goberno do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da USC, que se desenvolveu no salón reitoral do Colexio de San Xerome. Entre outros asuntos, a xunta abordou a memoria económica e de actividades do ano 2023 e aprobou a programación de actividades e o orzamento do Insituto para o ano 2024.
