O CES Galicia participa na reunión preparatoria do Comité executivo da RTA

Con motivo da celebración do próximo Comité Executivo da RTA da que o CES Galicia forma parte, levouse hoxe unha reunión preparatoria do mesmo por parte dos CES de Andalucía, Castela e León, Extremadura, Galicia e país Vasco. Na mesma abordouse a postura conxunta dos CES españois a defender fronte aos CES franceses, así como os novos temas a desenvolver por parte da RTA, unha vez finalizado o documento relativo á rede transeuropea de transportes.

Abordouse tamén a necesidade de nomear aos novos relatores e corelatores dos grupos de traballo e os temas a tratar na próxima reunión que se celebrará en Bilbao este 1 e 2 de decembro dos CES españois e franceses membros da RTA.