No día de onte, na Cidade das TIC da Coruña, celebrouse a xornada sobre IA organizada polo CES Galicia e a UDC, na que diversos expertos analizaron o impacto da IA dende varios dos seus ámbitos de actuación (emprego, sostibilidade, administración…).
O presidente do CES Galicia, Manuel Pérez Álvarez, que inaugurou o acto xunto co vicereitor de economía, Ángel Fernández Castro, salientou a necesidade de contemplar na normativa a realidade da IA e de respectar os dereitos fundamentais con especial preocupación dos maiores e en xeral das persoas vulnerables, así como de ter unhos principios éticos e morais claros para o seu exercicio.


