Dende a COVID estamos a ser testigos dun incremento do turismo interior, e por tanto, dun incremento da oferta de aloxamentos. Dentro desta oferta, as VUT (vivendas de uso turístico) en Galicia, esto é, as vivendas cedidas a terceiras persoas, de maneira reiterada e a cambio de contraprestación económica, para unha estancia de curta duración, amobladas e equipadas en condicións de inmediata dispoñibilidade e coas características establecidas por vía regulamentaria, coa peculiaridade de que poida ser ofertado por particulares na súa propia vivenda, están a experimentar un crecemento espectacular (pasouse en Galicia de 5.102 VUTs no 2018 a máis de 18.000 no 2023 existindo en Galicia máis de 260 concellos con VUTs con máis de 100.000 plazas (datos REAT)). Ante este fenómeno faise precisa unha análise, cos distintos actores implicados (dende as administracións, inmobiliarias, consumidores…ata chegar aos propietarios) para fixar os obxectivos, retos e solucións para o mellor desenrolo económico e social desta actividade.
