A sala do Pleno do CES foi o esceario elixido para a celebración do acto de constitución do Observatorio da lusofonía Valentín Paz Andrade, que tivo lugar onte. Este órgano estará integrado polas entidades galegas relevantes na relación con os países de fala e cultura portuguesas -tanto a nivel lingüístico como noutros eidos- e que terá como obxectivo asesorar a Xunta, formular plans de acción e deseñar actividades de coñecemento ou de intercambio.
Na xuntanza, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou que a constitución deste organismo servirá para afondar nas relacións entre Galicia e Portugal e, por extensión, con todos os países de fala portuguesa. Neste sentido, valorou que a afinidade lingüística co galego constitúe unha vantaxe competitiva.

