O Consello Económico e Social e o Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (Idega) da USC traballan para atopar novas vías de colaboración, dentro da longa relación que veñen mantendo ambas institucións. Con este fin, o director do Instituto, Rubén Lois González, visitou a sede do CES en Compostela e reuniuse co presidente do organismo consultivo para comentar posibkes fórmulas que permitan afondar no traballo en común. Cómpre lembrar que as dúas entidades convocan de xeito conxunto cada ano o Premio Valentín Paz Andrade de investigación en economía de Galicia, que ten por obxectivo premiar aqueles traballos de investigación que contribúan ao mellor coñecemento da realidade económico-social de Galicia e ao establecemento das mellores políticas para contribuír ao benestar dos seus cidadáns.
