O CES de España presentará en Santiago o seu informe sobre a realidade migratoria en España

O presidente do Consejo Económico y Social, Antón Costas, será o encargado de presentar en Santiago, este vindeiro luns 9 de marzo, o informe do organismo consultivo sobre “La realidad migratoria en España: Prioridades para las políticas públicas”, no marco dunha xornada organizada en colaboración co CES de Galicia.

O documento é unha minuciosa disección do fenómeno migratorio en España, unha realidade complexa e non sempre ben comprendida. O informe fai unha análise rigurosa, lonxe do ruído e dos alarmismos, pero tratando de entender os problemas e aportando puntos de vista consensuados para a acción dos poderes públicos.

O acto contará tamén coa presencia da conselleira de Política social e Igualdade da Xunta de Galicia, Fabiola García, e do presidente do Consello Consultivo de Galicia, que disertará sobre as competencias autonómicas en materia de xestión de autorizacións de traballo para persoas extranxeiras.