O CES acolle a presentación dun informe sobre demografía e cohesión social elaborado polo Eixo Atlántico

Máis de trinta propostas concretas e operativas para combater o reto demográfico, tanto no interior de Galicia coma no Norte de Portugal

Un plan de actuación con propostas concretas. Así definen os seus promotores o documento “Cohesión socioterritorial e despoboamento na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal”, que foi presentado hoxe na sede do CES en Santiago. Subtitulado “Proposta de liñas de actuacións e de accións estratéxicas para os territorios do interior”, o estudio prantexa actuacións concretas para a zona do interior da rexión coa idea de que “é momento para falar menos e facer máis”.

O presidente do CES salientou a importancia do asunto e o momento e gabou o traballo elaborado.

Pode acceder á publicación na enlace desta páxina.

Na imaxe, o presidente do CES flanqueado por responsables do Eixo Atlántico e a coordinadora do informe.

https:/wp-content/uploads/2024/02/cohesion_socioterritorial.pdf