O presidente do Consello entende que sería desexable un gran pacto político para tener éxito na reclamación
O Consello Económico e Social foi o esceario elixido, pola súa condición de foro de diálogo e carácter apartidista, polo Eixo Atlántico para a presentacón dun informe sobre o estado das infraestruturas en Galicia e no norte de Portugal celebrado hoxe en Santiago. Este estudo, que cobre os últimos 20 anos, recolle os datos oficiais proporcionados por ADIF (Administrador de Infraestruturas Ferroviarias) e Infraestruturas de Portugal, deixando de lado calquera tipo de comunicación política ou propaganda electoral.
O presidente do Consello, Manuel Pérez, rematou o acto facendo referencia a que a reivindicación de infraestruturas debe ser apartidista e salientou que sería desexable un gran pacto das distintas forzas políticas para ter éxito na reclamación.
A presentación, desenvolvida na sala do Pleno do CES, contou coa presencia do seu presidente, Manuel Pérez; o presidente do Eixo Atlántico, Luís Nobre; Alfredo García, vicepresidente do Eixo Atlantic; o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao; e o autor do informe, Francisco Gil.
O análise realizado amosa unha visión crítica sobre o desenvolvemento das infraestruturas na Eurorrexión, salientando os avances, pero tamén os déficits persistentes. Entre os puntos máis destacados, indícase que, aínda que se lograron avances como a creación de tramos do AVE, estes foron moi limitados e non responden a unha mellora global. Por exemplo, o tramo único do AVE en Galicia e a falta de progreso na conexión entre A Coruña e Vigo son considerados insuficientes para cumprir cos estándares dunha rede ferroviaria de alta velocidade.
Un dos elementos máis negativos sinalados no informe é a autoestrada A-76, que non experimentou avance algunha nos últimos 20 anos. Así mesmo, a liña Ferrol-A Coruña e Betanzos-Lugo seguen sen avances significativos, o que limita a conectividade entre estas importantes cidades galegas.
O Eixo Atlántico tamén destacou que, a pesar dos avances en certas áreas, a xestión política das infraestruturas estivo marcada pola falta de acordos entre as forzas políticas. Neste sentido, faise un chamamento a un pacto entre as tres principais forzas políticas con representación parlamentaria para deixar de utilizar as infraestruturas como unha ferramenta de confrontación electoral e centrarse nun desenvolvemento integral e consensuado.
O informe presentado subliña a necesidade urxente dun enfoque integral e colaborativo para o desenvolvemento das infraestruturas, co fin de garantir que a rexión poida competir con outras áreas do país e de Europa.
“Snn a Procesión dos Caladiños cando gobernan e a Cofradía do Santo Lamento cando están na oposición, pero nunca se sentaron a negociar co Goberno central como fixo Fraga cando negociou con Felipe González as autovías”, manifestou Xoán Vázquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico.
Descargue aquí o informe

O presidento do CES, flanqueado polo presidente e o vicepresidente do Eixo Atlántico.