Os membros do CES tiveron ocasión de asistir hoxe á presentación do informe “Propuestas para España. La reforma de la financiación autonómica”, que foi elaborado polo Foro Económico de Galicia y presentado recentemente no Congreso de los Diputados. Coa presencia do presidente do Consello, Manuel Pérez, e o do Foro, Emilio Pérez Nieto, os responsables do documento fixeron unha exposición do seu contido, que prantexa reformas sustanciais sobre o modelo actual para facelo máis transparente, equilibrado e xusto. Os profesores María Cadaval, Xoaquín Fernánez Leiceaga e Santiago Lago desglosaron os aspectos máis destacados da súa proposta e responderon ás preguntas que formularon os representantes do organismo.
Na imaxe, desde a esquerda, María Cadaval, Xoaquín Fernández Leiceaga, Emilio Pérez Nieto, Manuel Pérez e Santiago Lago, na sala do Pleno do CES.