Representantes do colectivo de usuarios afectados polos cambios de horarios dos trenes Ourense–Santiago–A Coruña e Vigo–A Coruña explican a súa problemática ao presidente do CES

Unha representación do colectivo de usuarios e usuarias do servicio ferroviario entre Vigo e A Coruña e da liña Avant entre Ourense, Santiago de Compostela e A Coruña afectados polos cambios de horarios sufridos trala recente chegada dos trenes AVE a Galicia mantiveron onte unha xuntanza co presidente do CES para explicar as complicacións que están a padecer.

No encontro, o grupo indicou que o que Renfe chama “reconfiguración horaria” e xustifica para un mejor “aprovechamiento de servicios” para eles supón dificultades nos seus desplazamentos laboráis diarios. Estes usuarios explicaron polo miúdo a problemática dos novos horarios, o sistema de bonos ou o prezo do servizo e trasladaron tamén as súas propostas para mellorar os mesmos.