inicio - Novas - O novo presidente do CES aposta por reforzar a independencia e a obxectividade do organismo

O novo presidente do CES aposta por reforzar a independencia e a obxectividade do organismo

 13/09/2019  

Acto de toma de posesión de Agustín Hernández

O novo presidente do Consello Económico e Social, Agustín Hernández Fernández de Rojas, tomou posesión do seu novo cargo salientando a súa aposta por reforzar a independencia e a obxectividade do organismo. Nun acto celebrado na sede do Consello, coa presencia dos membros do CES, de diversas autoridades e do presidente da Xunta, Hernández lembrou o papel institucional do organismo como “pedra angular” do entramado institucional de Galicia “á hora de deseñar medidas que beneficien á cidadanía”.

O novo presidente insistíu en que o seu obxectiva á fronte do CES vai ser que este organismo continúe a ser un punto de debate e encontro a prol de Galicia.

No acto de toma de posesión, enmarcado nunha sesión do Pleno do CES, Hernández estivo acompañado polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, polo conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, e pola ex presidenta do CES –agora delegada da Xunta de Galicia en Vigo–, Corina Porro, entre outras autoridades.

Tecer acordos

Pola súa banda, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, amosouse convencido de que Hernández “será un presidente tecedor de acordos” no exercicio do seu novo cargo e abogou mesmo por trasladar fóra do organismo o espírito consensual que caracteriza ao Consello Económico e Social de Galicia “para contaxiar ao conxunto da política”.

Durante o acto de toma de posesión do nuevo presidente, Feijóo salientou a importancia de preguntarse constantemente pola utilidade das decisións para o benestar das persoas e lembrou que a democracia parlamentaria enriquécese con outra institucional, que ten a súa sede neste organismo, que calificou de “útil e importante”. O presidente da Xunta incidíu finalmente na responsabilidade que asume Hernández para manter o CES como o gran punto de encuentro do tecido institucional galego e a sociedade civil.

“Galicia ten aquí un faro que proporciona reflexións, estudos e propostas que se fan con calma e, a meirande parte das veces, con consenso”, concluíu.