Nova reunión do grupo de traballo sobre emigración da RTA

O grupo de traballo que está a elaborar o informe sobre emigración da Rede Transnacional Atlántica (RTA) celebrou hoxe unha nova reunión para poñer en común as aportacións dos distintos CES. Na xuntanza, mantida a través de videoconferencia, abordáronse diversas cuestións metodolóxicas do documento sobre os movementos migratorios.

Os participantes levaron a cabo tamén a análise do texto de conclusións elaborada polos CES españois sobre os dous eixos de informe:

• A identificación das políticas públicas necesarias para facer fronte aos retos dos cambios demográficos que están a vivir as rexións da fachada atlántica.

• O envellecemento da súa poboación.

O grupo de traballo acordou celebrar unha reunión na que participarán expertos universitarios de Francia e España para que valoren o documento que se está a elaborar e que, á vista do texto consensuado ata agora, expoñan os seus pareceres. Esa xuntanza está prevista para o vindeiro 6 de maio.