Os representantes do CESER BRETAGNE, CESER NOVA AQUITANIA, CES CANARIAS e CES GALICIA, baixo a presidencia do presidente do CES Galicia, Manuel Pérez, celebraron unha nova reunión de traballo para a elaboración do informe sobre emigración da Rede Transnacional Atlántica que ten que estar rematado antes de outubro do 2026.
Na reunión de onte analizáronse diversas propostas feitas polos CESER franceses e polos CES españois, definíndose a proposta de eixo do traballo que será presentado a todos os membros da RTA para a súa aprobación: as políticas públicas relacionadas co envellecemento da poboación.
No mes de novembro, celebrarse unha nova reunión e tanto telemática como presencial en Normandia.