“Na loita contra da exclusión social cómpre ir ás causas e non só ás consecuencias”

A presidenta do CES reclama compromiso político e un papel activo da sociedade para combatir a pobreza.

Catro ideas principais serviron á presidenta do CES, Corina Porro, para resumir as conclusión sacadadas polos expertos reunidos na xornada “A pobreza e a exclusión social”, unha sesión que despertou un notable interese entre os distintos colectivos que están a traballar diariamente para axudar a aqueles que se atopan nunha situación desfavorecida.
 
En presencia da conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, que clausurou as xornadas, a presidenta salientou a necesidade de que nos procesos de risco de exclusión social a loita se dirixa principalmente ás causas que provocan estas situacións e non unicamenteás consecuencias, aínda que estas sexan máis visibles. Tamén constatou a necesidade de máis compromiso político, de afondar nas políticas públicas de inclusión para dar saída a realidades que moitas veces resultan dramáticas. E lembrou que, como comentaron varios dos conferenciantes da xornada, que é necesario que as distintas administracións acaden cauces de coordenación para facer a loita máis efectiva. E, como remate e destacando o papel que poden xogar entidades como o Consello, Porro reivindicou que se conceda máis peso á sociedade civil nos procesos de toma de decisións.

Estas preocupacións do CES foron expostas en presenza da conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, que clausurou a xornada. A responsable da Xunta afirmou que asumía esas reivindicacións e lembrou que desde a consellería estase a traballar en políticas de inclusión activa, co fin de evitar que a situación de risco de exclusión poda cronificarse.
 
A xornada, organizada en colaboración co Idega da Universidade de Santiago de Compostela, reuniu a distintos expertos que aportaron enfoques diferentes para entender unha realidade preocupante que a situación de crise económica fixo empeorar. Así o destacaron tamén os membros do CES, que representaron aos distintos grupos e organizacións na mesa redonda. Entre o público asistente atopábanse traballadores sociais, voluntarios de distintas ONG, colaboradores de entidades de axuda…
 
Logo da presentación da presidenta e das palabras de benvida do director do Idega, Xaquín Fernández Leiceaga, a primeira ponencia centrouse en explicar os criterios que utilizan os analistas para establecer qué é pobreza e os seus distintos graos. O profesor da Universidade de Vigo Carlos Gradín pormenorizou os distintos indicadores multidimensionais que se manexan para a medición da pobreza na Unión Europea, cunha perspectiva histórica para chegarás novas apoximacións.

Centrado o asunto e a súa complexa realidade, os participantes poideron escoitar, na conferencia de Xosé Cuns, un enfoque máis centrado nas persoas que se atopan en situación vulnerable para salientar a súa loita pola dignidade, a necesidade de contar coas persoas, coas súas ideas e inquedanzas, para atopar vías de saída das condicións de exclusión.
 
A segunda parte da xornada estivo adicada a unha mesa redonda na que, moderados pola profesora da USC Ánxela Troitiño, participaron membros do CES, a directora xeral de Familia e Inclusión como representante da Administración e o director de Cáritas Diocesana. O diálogo establecido permitiu constatar que a desigualdade e o risco de exclusión é unha preocupación compartida e que, con matices, tamén é común a reivindicación de que desde a sociedade civil e as súas organizacións se poda loitar máis de preto.

Os membros do CES polas organizacións sindicais falaron de reforzar as políticas sociais, da creación de emprego de calidade e da necesidade de compromisos públicos para que ninguén quede atrás. Tamén os empresarios falaron de emprego e da importancia da formación como trampolín de mobilidade social. Outros aspectos que salientou a representante dos consumidores foron os problemas de saúde que enfrontan os máis desfavorecidos, os desafuizamentos ou a pobreza enerxética. En conxunto, os membros do CES insistiron nanecesidade de loitar, desde os poderes públicos en coordenación coa sociedade civil, para proporcionar un futuro aos que están en risco de perdelo