Mesa redonda sobre o futuro do traballo coa extensión da intelixencia artificial

O CES-Galicia organiza unha mesa redonda para afondar nos retos que prantexa a implementación dos sistemas de intelixencia artificial no mundo laboral e o futuro inmediato do entorno de traballo. O acto, que se celebrará o vindeiro 11 de decembro na sede do organismo en Santiago de Compostela, reunirá a tres destacados expertos neste eido: Fernando Suárez Lorenzo, presidente do Consejo General de Ingeniería Informática de España; Alba Meijide, AI Consultant & Project Manager | MEng Artificial Intelligence; e Víctor Salgado Seguín, socio-director en Pintos & Salgado Abogados S.C.P.

Nun encontro aberto á participación dos membros e ao público xeral, comentaranse as novidades neste terreo desde un punto de vista técnico, dos desenvolvementos máis salientables e tamén dos máis populares -como a presenza de ChatGPT en todas partes- e da necesidade de regular unha realidade que vai máis deprisa que a normativa. En definitiva, será unha reflexión sobre a realidade e as perspectivas que esta chamada quinta revolución industrial deparará aos traballaddores e á sociedade no seu conxunto.