A Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2018, xa dispoñible na web

O presidente do CES, Agustín Hernández, presentou hoxe a Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2018. Logo da súa presentación pública, o documento xa está dispoñible na web.

Acompañado pola presidenta de turno da Comisión de traballo que elaborou a Memoria, Olga Crespo, o presidente fixo unha introdución ao informe socioeconómico, unha foto completa do realidade de Galicia e as súas perspectivas nunha realidade cambiante. A presentación centrouse nas consideracións consensuadas das organizacións do Consello sobre a situación. O texto completo pode consultarse nesta páxina.

Na imaxe, o presidente do CES, Agustín Hernández, flanqueado polo secretario xeral, Juan Gallego, e a presidenta de turno da Comisión sectorial e representante de UGT, Olga Crespo.