Manuel Pérez Álvarez toma posesión do seu cargo como presidente do CES-Galicia

Ilusión, vocación de servicio, capacidade de traballo e confianza no diálogo. O novo presidente do Consello Económico e Social de Galicia, Manuel Pérez Álvarez, tomou hoxe posesión do seu cargo cun breve discurso no que salientou algunhas das liñas de actuación do seu mandato. Nun acto celebrado na sede do Consello en Santiago, coa presencia de numerosas autoridades, familia, amigos e membros do CES, Pérez agradeceu ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a súa confianza na súa capacidade para “traballar en beneficio de Galicia”.

A sesión serviu tamén como despedida a Agustín Hernández, que deixou o cargo a petición propia logo do remate do seu mandato cuatrienal. O presidente saínte agradeceu aos membros do Pleno o traballo realizado e expresou os seus mellores desexos para o novo presidente.

Pola súa banda, o presidente da Xunta pechou o acto agradecendo o labor de Hernández e cos mellores desexos para o novo presidente do CES no cometido de escoitar o que ocurre no tecido socioeconómico de Galicia e trasladalo ao Executivo.

Na imaxe, Manuel Pérez saúda a Alfonso Rueda en presencia de Agustín Hernández.