Galicia participa no “Encuentro anual de los CES Autonómicos y del CES de España” que se celebra en Barcelona

O Consello Económico e Social de Galicia participa, coa presencia do seu presidente, Manuel Pérez, e o secretario xeral, Manuel Martinez, nas xornadas do “Encuentro anual de los CES Autonómicos y del CES de España” que este ano teñen lugar en Barcelona os días 25 e 26 de abril.

Organizado polo Consell de Treball, Econòmic i Social de Catalunya, o encontro é unha ocasión para que estes organismos consultivos compartan experiencias e coordinen iniciativas para poñer en valor o seu labor como institucións para a participación dos axentes económicos e sociais e da sociedade civil organizada na toma de decisións.