Representantes de colectivos empresariais, institucionais, políticos e axentes socioeconómicos asisitiron á xornada “El relanzamiento de la economía azul en la fachada atlántica”, que organizou o CES-Galicia en Vigo.
Representantes de colectivos empresariais, institucionais, políticos e axentes socioeconómicos asisitiron á xornada “El relanzamiento de la economía azul en la fachada atlántica”, que organizou o CES-Galicia en Vigo. Preto dun centenar de persoeiros de distintos sectores relacionados coa economía vencellada ao mar déronse cita no salón de actos da Autoridad Portuaria de Vigo para asistir a unha interesante serie de conferencias que foron detallando as novas iniciativas que están a desenvolverse nese eido.
Logo dunhas palabras de benvida a cargo da presidenta do CES, a xornada comezou coa intervención do director do polo industrial ibérico do grupo automovilístico PSA, Fréderic Puech, que falou da actividade da empresa no ámbito atlántico e puxo de manifesto o concepto de integración na fachada atlántica, desde Francia, con España e Portugal, e mesmo estendendo o seu radio de acción ata Marrocos. Puech comentou os novos plans de PSA e as súas políticas de mellora de competitividade como fórmula para seguir a ser unha referencia europea no sector.
De gran interese resultou tamén a conferencia da delegada do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa, centrada nas novas actividades produtivas relacionadas co mar. Pedrosa fixo fincapé nas numerosas inicitivas que, apoiadas na investigación e o desenvolvemente e a innovación, están a desenvolverse na área de Vigo e que buscan tamén unha dinamización da economía en sectores menos tradicionais, aínda que vencellados a eles.
A xornada continuou coa intervención do presidente da Autoridad Portuaria viguesa, Enrique López Veiga, que explicou a estratexia de crecemento azul do porto, un plan a medio plazo que, recollendo a iniciativa comunitaria nese senso, está a desenvolver o seu equipo.
A xornada pechouse cunhas palabras de clausura a cargo da conselleira do Mar da Xunta de Galicia.
Na imaxe, os presidentes dos CES da RTA, nunha foto de grupo na sede da xornada.
Os videos da xornada pode atopalos aquí.