Un estudio do CES detecta que os sectores implicados non coñecen ben a Estratexia Marítima Atlántica europea

O organismo consultivo sinala a necesidade de definir instrumentos de sensibilización e mobilización
 
Malia a tradicional vinculación da actividade económica e social das rexións atlánticas europeas co mar, unha boa parte dos sectores que forman a economía marítima destas rexións non coñece ben a Estratexia Marítima Atlántica, o instrumento comunitario de colaboración e financiamento neste eido. Esta é unha das conclusións do estudio  que ven de elaborar a organización dos consellos económicos e sociais das rexións atlánticas (Red Transnacional Atlántica) a través de enquisas a os distintos actores e operadores –empresas, organizacións, investigadores, administracións…– dos diferentes territorios.
 
No caso de Galicia, as respostas ao cuestionario distribuido polo CES amosan que o grao de coñecemento que se ten da estratexia é desigual. Mentres que os centros de investigación e mailos clusters e asociacións de grandes industrias do sector pesqueiro si coñecen e valoran a estrategia e as súas posibilidades, en particular en forma de colaboración suprarrexional, os actores englobados en sectores con empresas de dimensiones máis reducidas apenas a coñecen e ademáis carecen da estructura necesaria para presentar proxectos a nivel europeo.

O documento, titulado Condicións para a efectiva realización práctica da Estratexia Marítima Atlántica: apropiación, implementación e papel da sociedade civil”, ten como obxectivo establecer o grao de coñecemento que teñen os actores ou operadores da economía marítima atlántica e reflexionar sobre os instrumentos de sensibilización e mobilización necesarios para achegarse aos protagonistas implicados no seu desenvolvemento. O estudio foi aprobado este xoves en Nantes (Francia), nunha reunión do Comité de Orientacións da RTA, o órgano executivo desta asociación.
 
Na súa intervención na sesión, a presidenta do CES de Galicia, Corina Porro, salientou a necesidade de analizar e definir os instrumentos máis eficaces para que a estratexia chegue e sexa asumida polos seus potenciais beneficiarios. Nese sentido, defendeu o papel que poden xogar organismos como o Consello Económico e Social e homólogos, pois representan á sociedade civil, están moi próximos á realidade en cada un dos seus territorios e poden desenvolver un rol de transmisores das demandas e necesidades dos seus cidadáns.
 
Porro tamén sinalou que, no caso de Galicia, resulta de especial importancia que o coñecemento da estratexia e as súas posibilidades cheguen a todos os sectores, pola tradicional vinculación da comunidade coas actividades mariñas e marítimas.
 
Con este traballo, os consellos económicos e sociais do arco atlántico agrupados na RTA contribúen á revisión do desenvolvemento da estratexia a medio plazo e a definir políticas que permitan salvar algúnhas das eivas ou debilidades detectadas. O estudio será publicado axiña e remitirase a distintas instancias do máximo nivel comunitario –entre outras, a propia Comisión, o Parlamento Europeo…– en aplicación do principio de máxima cooperación como pilar fundamental da estratexia atlántica.
 
Impulsar a economía azul
 
Revitalizar a económica marítima e mariña na rexión atlántica continental é o obxectivo da estratexia comunitaria neste eido. A Comisión pretende contribuir ao crecemento sostible das rexións costeiras e a impulsar a “economía azul”, que podría xerar hasta sete millóns de empregos en Europa ata o ano 2020.
 
A Estratexia Marítima para o Espazo Atlántico europeo pretende garantir, a través do desenvolvemento e creación de sinerxías en áreas como a enerxía, a explotación dos fondos mariños, a pesca, o transporte o o turismo, unha utilización racional e eficiente dos fondos dispoñibles. Estas actividades deberán ser compatibles co equilibrio ecolóxico e medioambiental do océano Atlántico.
 
A rexión atlántica acolle numerosas actividades marítimas, tanto tradicionais, como a pesca, a acuicultura, o turismo ou o transporte marítimo, como novas actividades emerxentes, entre as que salientan as energías renovables ou a biotecnoloxía mariña. Os cinco Estados membros atlánticos –Irlanda, Francia, Portugal, Reino Unido e España– son animados a colaborar para compartir información, custos, resultados e boas prácticas.
 
O plan de acción que debe plasmar a estratexia contén catro prioridades fundamentais: fomentar o espírito empresarial e a innovación; protexer, reforzar e mellorar o entorno mariño e costeiro; mellorar a accesibilidade e a conectividade; e crear un modelo de desenvolvemento rexional sostible e socialmente integrador. No seu conxunto, trátese de aproveitar o seu enorme potencial para o futuro desenvolvemento sostible de Europa. Co plan de acción actualmente en marcha téntase contribuir ao “crecemento azul” da Unión Europea e favorecer a colaboración rexional para fomentar o crecimento sostible e a creación de emprego.