Unha comparecencia do director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), José Luis Cabarcos Corral, diante da Comisión sectorial nº 1 foi o primeiro paso do proceso de elaboración do ditame sobre o anteproxecto de Lei de calidade alimentaria de Galicia, que ven de ter entrada no CES.
O director explicou que o anteproxecto, que é unha actualización do marco normativo relativo á regulación da calidade, ten entre os seus obxectivos achegar aos consumidores garantías de que o produto que se ofrece pasou rigorosos controis de calidade cun especial coidado no proceso de produción e comercialización e favorecer o desenvolvemento local e a creación de emprego.
Cabarcos foi repasando os principais contidos da nova normativa e as novidades máis salientables (como a creación de dos novos órganos de consulta e participación ou o establecemento dun sistema de certificación e sustentabilidade, por exemplo), antes de facer unha completa exposición do anteproxecto. Ao remate da sesión, a Comisión fixou un calendario de reunións para a redacción da proposta de ditame.