Pleno: sesión 3/22

Data e hora: 20/07/2022 12:00 a.m.

Asunto: Notificación convocatoria sesión 3/22 do Pleno

Convócolle á sesión 3/22 do Pleno do Consello Económico e Social de Galicia, que terá lugar o vindeiro venres, 22 de xullo, ás 09:00 horas en primeira convocatoria e ás 09:30 horas en segunda convocatoria, a través de videoconferencia (recibirá vostede unha invitación cun enlace para participar), de acordo coa seguinte:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación da acta da sesión anterior.
  2. Aprobación da proposta de Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2021.
  3. Rogos e preguntas.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2022
O PRESIDENTE
Asdo.: Agustín Hernández Fernández de Rojas