Xa está convocada a quinta edición do Premio “Valentín Paz Andrade” de Investigación en economía de Galicia, unha iniciativa conxunta do Consello Económico e Social de Galicia e o Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (Idega) da USC para premiar os traballos de investigación que contribúan ao mellor coñecemento da realidade económico-social de Galicia e ao establecemento das mellores políticas para contribuír ao benestar dos seus cidadáns.

Como na anterior edición, esta quinta convocatoria ten dúas modalidades: premiará traballos de investigación publicados en revistas científicas ou en editoriais recoñecidas, pero tamén teses de doutoramento presentadas en calquera universidade entre outubro de 2017 e outubro de 2018. As bases da convocatoria deste ano pódense consultar no documento enlazado.
Para esta quinta edición, o premio mellora a dotación da primeira modalidade, que acada os 2.000 euros, e mantén a cantidade de 1.000 euros para a segunda.
O prazo de presentación de candidaturas comezou o 1 de outubro e estará aberto ata o 15 de novembro, na sede do Idega. Un xurado de expertos de recoñecido prestixio elexirá aos ganadores en función da relevancia da contribución para o progreso do coñecemento da realidade socioeconómica de Galicia e para a mellor asignación dos recursos, o impulso ao crecemento, ao emprego e á consecución de cotas máis altas de equidade, segundo indican as devanditas bases da convocatoria.