O Consello Económico e Social prepara un informe sobre Vigo e a súa área de influencia

O Consello Económico e Social está a iniciar os traballos para elaborar un informe, a iniciativa propia, sobre Vigo e a súa área de influencia, que se enmarca na serie de estudos territoriais que este organismo consultivo ven desenvolvendo case desde a súa creación. A de Vigo é a ultima área da serie e para abordar a súa análise o organismo consultivo vai introducir dúas novedades, unha de ámbito xeográfico e outra metodolóxica. 

 
O Consello Económico e Social está a iniciar os traballos para elaborar un informe, a iniciativa propia, sobre Vigo e a súa área de influencia, que se enmarca na serie de estudos territoriais que este organismo consultivo ven desenvolvendo case desde a súa creación. A de Vigo é a ultima área da serie e para abordar a súa análise o organismo consultivo vai introducir dúas novedades, unha de ámbito xeográfico e outra metodolóxica. Se ata agora os informes abarcaban as antigas áreas funcionais, división territorial superada pola realidade actual, este estudo fará referencia á área de influencia, coa ría como eixo vertebrador da realidade socioeconómica de Vigo. No eido metodológico, o informe ten como obxectivo incorporar un maior contido valorativo e contar con opinións autorizadas nos ámbitos económicos e sociais da área.
 
Na súa última sesión plenaria, celebrada hoxe, o Consello aprobou o seu ditame sobre o anteproxecto de Lei de protección xeral dos consumidores de Galicia, cunha valoración en xeral favorable ao texto, aínda que con senllos votos particulares da Confederación de Empresarios de Galicia e dos representantes dos consumidores e usuarios.

Na mesma reunión, o Pleno do CES aprobou o seu proxecto de orzamentos para 2012, que contempla unha cantidade de 1.046 miles de euros para abordar as tarefas consultivas e de representación das organizacións da sociedade civil organizada que lle encomenda ao organismo a súa lei de creación.