Corina Porro expuxo algunhas das propostas do organismo para o territorio
Vigo e a súa área de influencia son os protagonistas do último informe aprobado polo Consello Económico e Social de Galicia. O documento foi presentado pola presidenta do organismo consultivo, Corina Porro, nun acto informativo que se celebrou hoxe mércores, 23 de outubro, ás 11:00 horas, no Museo do Mar de Galicia (Vigo).
Unha detallada análise de datos estatísticos da realidade socioeconómica dos concellos que forman a área, vertebrada arredor da ría como elemento dinamizador e de identidade, complétase cun estudio máis cualitativo, valorativo, con opinións cualificadas de distintos axentes socioeconómicos. O estudio estratéxico, coa súa análise de debilidades, amenazas, fortalezas e oportunidades, conclúe cunha serie de directrices e, sobre todo, de propostas de futuro para este territorio.

A presidenta do CES, Corina Porro, que coñece ben a realidade viguesa, foi a encargada de pormenorizar e detallar algunhas destas propostas que, a modo de reflexións consensuadas polas organizacións representadas no Consello, recóllense no informe.
Ao acto de presentación están invitados, ademáis dos membros do CES e os representantes locais das organizacións que o compoñen, responsables políticos das distintas administracións e, en particular, os alcaldes dos 19 concellos que, segundo o criterio de selección establecido polo estudio, compoñen a área de influencia da urbe viguesa.