O Consello Económico e Social de Galicia liderará un estudio europeo sobre os portos da fachada atlántica

O Consello Económico e Social de Galicia vai ser o organismo encargado de dirixir a elaboración dun estudio de ámbito europeo sobre os portos da fachada atlántica continental. Así o decidiu na súa reunión do pasado luns o Comité de Orientacións da Red Transnacional Atlántica (RTA), organización que agrupa aos CES europeos do Arco Atlántico. Esta é unha das novas iniciativas que adoptou a RTA cara aos vindeiros meses.


O Consello Económico e Social de Galicia vai ser o organismo encargado de dirixir a elaboración dun estudio de ámbito europeo sobre os portos da fachada atlántica continental. Así o decidiu na súa reunión do pasado luns o Comité de Orientacións da Red Transnacional Atlántica (RTA), organización que agrupa aos CES europeos do Arco Atlántico. Esta é unha das novas iniciativas que adoptou a RTA cara aos vindeiros meses. Na asamblea da organización, celebrada na localidade francesa de Bayona, a presidenta do CES-Galicia, Corina Porro, foi elexida como vicepresidenta da RTA para os vindeiros dous anos. A reunión serviu también para establecer fórmulas de colaboración entre os consellos económicos e sociais que forman a RTA e o CES da Unión Europea, que estivo representado na asamblea, para participar no estudio que este último desenvolverá sobre a estratexia integrada atlántica (EIA).
A EIA é un proxecto transnacional auspiciado pola Unión Europea que trata de corrixir o carácter crecentemente periférico das rexións da fachada atlántica continental, aspecto que afecta de forma singular a Galicia. A través desta estratexia, que involucra a distintos sectores económicos, vanse canalizar no futuro inmediato importantes fondos de axudas europeos.