Un ecosistema integrado que goza de moi boa saúde. Así describieron o sistema de centros de investigación oceanográfica e mariña en xeral de Galicia, nunha comparecencia no CES, os responsables do Instituto Español de Oceanografía, do Centro de Investigacións Mariñas e da Dirección xeral de Pesca.

Convocados logo das informacións sobre posibles cambios nas sedes do IEO, o director do centro de Vigo deste organismo, Pablo Carrera, despexou as dúbidas sobre a continuidade e enmarcou os cambios que está a vivir o IEO no proceso da súa adscripción, por motivos de mellora do seu funcionamento, no marco do CSIC.
Pola súa banda, o director do Centro de Investigacións Mariñas e do Campus do Mar da Universidade de Vigo, Daniel Rey, pormenorizou a historia da investigación, a importancia do mar para Galicia e salientou que creouse unha tupida rede de centros especializados que conviven e colaboran, tanto en Galicia –con especial representación na área de Vigo– como con entidades homólogas doutros territorios. En representación da Consellería do Mar, o director xeral de Pesca salientou tamén a total cooperación que o seu departamento atopou sempre nos centros de investigación, aos que cualificou de fundamentais para aportar coñecemento para sustentar a toma de decisións.
Con estas explicacións, a alarma xurdida hai unhas semanas sobre o futuro do IEO quedou aplacada. Todos os membros da Comisión Permanente agradeceron a valoraron moi positivamente a comparecencia.
Na imaxe, desde a esquerda, o director do centro do IEO en Vigo, Pablo Carrera; o director xeral de Pesca, Antonio Basanta: o presidente do CES, Agustín Hernández; o e director do CIM, Daniel Rey.