Comparecencia do presidente do CES na comisión de Orzamentos do Parlamento sobre as contas para 2023

O presidente do CES, Agustín Hernández, compareceu hoxe diante da Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, do Parlamento de Galicia dentro do proceso de tramitación das contas da Comunidade Autónoma para o vindeiro ano. Hernández salientou o incremento do orzamento do organismo para 2023, que estará en torno ao 4%, ata acadar unha cantidade que supera os 1.088.000 euros. Unha boa parte dese aumento destinarase ao apartado de elaboración de informes, que disporá de 92.000 euros, un 23% máis que na exercicio actual. O presidente aproveitou a súa comparecencia para explicar polo miúdo a actitividade do CES ao longo deste ano e apuntar algúns dos plans que está previsto desenvolver nos vindeiros meses.

Nas súas respectivas intervencións, os voceiros dos distintos grupos parlamentarios na comisión gabaron o labor do Consello e a importancia do organismo como foro de representación da sociedade civil galega.