Propostas de mellora, novas estatísticas, actualización de fontes, replantexamento de algúns apartados, enfoques novedosos para outros eidos da realidade socioeconómica de Galicia… A Comisión sectorial nº 4, Memoria socioeconómica de Galicia, xa está a traballar na redacción do documento que recollerá a realidade deste 2021 e comezou o seu labor con varias sesións (na imaxe, a 12/21) para consensuar as novidades que se incorporarán e o método de traballo para estes vindeiros meses.
Coas aportacións de todos os membros da comisión, agárdase que a nova memoria incorpore esas melloras e resulte aínda máis útil como documento que reflicta a situación de Galicia nos eidos económicos e sociais e permita unhas consideracións axeitadas.