Unha comparecencia da directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez López, acompañada do xerente do organismo, Gonzalo Mosqueira, diante da Comisión sectorial nº 2 abriú o proceso de elaboración do ditame sobre o anteproxecto de Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga de Galicia, que foi solicitado ao CES. Con esta intervención, os responsables da Administración quixeron trasladar de primeira mán o contido do novo proxecto normativo, as súas liñas mestras e os obxectivos que tenta acadar.

Gutiérrez explicou aos membros da comisión que esta iniciativa se enmarca na aposta da Xunta por acadar os obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030 mediante actuacións transformadoras de loita contra o cambio climático e a prol do crecemento verde e inclusivo. O anteproxecto, indicou a directora, tenta poñer un funcionamento un novo modelo de xestión integral de todo o ciclo da auga que permita garantir a calidade e a eficacia nos servizos de abastecemento, saneamento e depuración con tarifas igualitarias para todo o territorio. Lembrou tamén que a pretendida mellora desta xestión do ciclo integral da auga tera incidencia na saúde, no medio ambiente e en actividades como a pesca, o marisqueo, a acuicultura ou o turismo.
Logo da presentación, os membros da comisión comezarán as súas reunión para reunir as aportacións dos distintos grupos e as consideracións que darán forma oa ditame.
Na imaxe, desde a esquerda, Gonzalo Mosqueira, Teresa Gutiérrez, Agustín Hernández e Ángel Fernández Castro, representante da UdC e presidente de turno da CS-2.
.