Mesa redonda no CES Galicia sobre os sistemas artesanais en Galicia

Os membros do CES celebraron un coloquio sobre o recente informe “Sistemas artesanais de Galicia. Unha olllada contemporanea” xunto coa responsable da súa elaboración. Na reunión salientouse a importancia económica e patrimonial deste sector de actividade e os participantes comentaron a necesidade de desenvolver un plan estratéxico para garantir o seu futuro.