Coa persentación do prantexamento do traballo e a proposta de índice arrinca o informe sobre movementos migratorios

Unha presentación do prantexamento inicial e unha proposta de índice diante da Comisión sectorial nº 2 a cargo do equipo redactor puxo a “primeira pedra” do novo informe que está a elaborar o CES: un estudo sobre fluxos migratorios relacionados coas necesidades laborais en Galicia.

Os profesores da USC que abordarán o documento, coordinados por Juan Ares Fernández, fixeron unha exposición detallada para a súa valoración polos membros e manterán contactos frecuentes coa comisión a medida que avancen os traballos. O informe enmárcase no plan de traballo anual aprobado polo organismo para este 2025.