Expertos e axentes socioeconómicos estudiarán aspectos como a conectividade, os dereitos dos usuarios, o teletraballo, o ensino a distancia ou as desigualdades de acceso á tecnoloxía nun encontro que se celebrará o 5 de maio.
O impacto que, tralo confinamento e a nova normalidade imposta pola covid-19, está a ter no noso modo de vida a dixitalización, as oportunidades que supón e os retos que implica para o conxunto da sociedade. Este será o contido da xornada de análise que organiza o Consello Económico e Social de Galicia e que se celebrará o próximo 5 de maio. Expertos de diferentes ámbitos e axentes económicos e sociais debaterán sobre moi diversos aspectos desta nova realidade, desde a conectividade ou as desigualdades de acceso á tecnoloxía ata o uso ético dos novos medios; das oportunidades para os autónomos e o teletraballo ás estratexias de protección de datos; da fiscalidade desta actividade á desigualdade educativa.

A xornada organizarase en tres bloques. No primeiro, dedicado á gobernanza dixital, falarase de competencia, dereitos dos usuarios ou protección de datos, por exemplo. Un segundo apartado centrarase na conectividade, as diferenzas entre as contornas rurais e urbanas e as oportunidades no ámbito laboral. E o terceiro bloque poñerá o foco nas desigualdades e o seu impacto, tanto desde un punto de vista educativo como desde unha mirada social.
Para acadar unha visión completa e multidisciplinar, o CES conta coa colaboración de expertos de empresas, entidades e organizacións como Telefónica, a Axencia Española de Protección de Datos, a Asociación de Internautas, o sindicato de técnicos do Ministerio de Facenda, Amtega ou a Confederación de ANPAS galegas, ademais de representantes das organizacións sindicais, empresariais e outros membros do Consello.
A xornada terá un formato mixto, con relatorios presenciais na sede do CES e tamén coa participación de expertos de forma remota. Todas as intervencións poderanse seguir en directo, e coa posibilidade de interactuar a través dun chat, na canle de Youtube do Consello.