O CES de Galicia participa nunha xuntanza co CES de España e os autonómicos para consensuar a confección dun documento de propostas para a recuperación económica e social

Os presidentes dos Consellos Económicos e Sociais mantiveron hoxe unha xuntanza para analizar a posibilidade de elaborar un documento conxunto de propostas para a recuperación da actividade económica logo da covid-19. Neste primeiro encontro preparatorio, o CES de España acordou a remisión dun índice de temas co obxecto da súa análise e posible ampliación.

A proposta inicial é a elaboración dunha introducción co diagnóstico da situación económica e social a nivel nacional por parte do CES español para despois incorporar as distintas propostas consensuadas nos diferentes Consellos Económicos e Sociais dacordo co índice de temas previamente acordado.

A proposta foi valorada positivamente pola totalidade dos asistentes, a expensas da análise e aprobación por parte das organizacións presentes nos diferentes Consellos.

O obxectivo é contar cun documento de propostas ao longo do vindeiro verán.

Na imaxe, un momento da reunión virtual.