O CES-Galicia mantén unha vicepresidencia no novo Comité Executivo da RTA

O Consello Económico e Social de Galicia mantén unha vicepresidencia no novo Comité Executivo (órgano de goberno) da Rede Transnacional Atlántica, que na nova etapa vai estar presidido polo responsable do CES Vasco, Francisco Huidobro. O novo organigrama de goberno foi refrendado na reunión que celebrou en Vigo o Comité de Orientacións da organización, con participación de representantes dos CES de Francia, España e Portugal.

A sesión serviu tamén para definir as novas directrices e liñas de traballo que vai abordar a RTA no vindeiro período de dous anos. Nunha breve intervención tralo seu nomeamento, o novo presidente salientou o interese de afondar no traballo de lobby da organización para, nunha conxuntura internacional chea de incertidumes –Huidobro nomeou o Brexit e os procesos electoriais pendentes en Alemania e os Países Baixos–, facer chegar os intereses dos axentes económicos e sociais ás instancias europeas.

Os videos da reunión pode atopalos aquí.