Conscientes dos retos que afrontan as sociedades actuais para unha saída da crise que non deixe atrás a ninguén, os Consellos Económicos e Sociais (CES) de España reivindican o seu papel como instrumentos de diálogo e concertación social. A través dunha declaración pública asinada polos presidentes destes organismos consultivos tras un encontro celebrado en Santiago de Compostela, os CES salientan a importancia de potenciar o diálogo e a negociación para impulsar as medidas que permitan superar as dificultades actuais e poñen en valor o seu papel como instrumentos “útiles e imprescindibles” nese proceso pola presencia na súa composición dos diferentes axentes sociais e económicos representantes da sociedade civil.Co fin último de atopar medidas que permitan unha recuperación “robusta, firme, duradera e inclusiva”, os Consellos amosan a súa disposición para colaborar e contribuir ao seguimento e avaliación dos proxectos, programas e actuacións que se impulsen dentro dos plans de recuperación e transformación nos eidos económicos e sociais desde unha perspectiva colaborativa e constructiva.
Salientan tamén a necesidade de priorizar os consensos e acordos, sinal de identidade destes organismos, e reclaman a todos os axentes implicados “a xenerosidade e altura de miras que o actual contexto nos esixe”.
A declaración ésta asinada polo Consejo Económico y Social de España, xunto cos Consejos Económicos y Sociales de Andalucía, Aragón, Castilla y León, Cataluña, Comunidad Valenciana, Extremadura, Galicia, Illes Balears, Navarra, Murcia e País Vasco.