O presidente do Consello Económico e Social de Galicia, Agustín Hernández, acudiu hoxe ao Parlamento de Galicia, acompañado pola presidenta de turno da Comisión sectorial encargada do documento, Rosa Otero, para facer entrega ao presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, da Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2020 elaborada polo organismo consultivo e recentemente aprobada por unanimidade dos seus membros. A Memoria será traslada aos grupos parlamentarios.
O presidente do Consello Económico e Social de Galicia, Agustín Hernández, acudiu hoxe ao Parlamento de Galicia para facer entrega ao presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, da Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2020 elaborada polo organismo consultivo e recentemente aprobada por unanimidade dos seus membros. A Memoria será traslada aos grupos parlamentarios.
O documento, estruturado en cinco capítulos, fai un exhaustivo repaso da realidade socioeconómica galega en 2020, nun ano especialmente complicado pola incidencia da pandemia da covid-19. Como elemento diferenciador respecto a outros estudos, a Memoria do CES inclúe un capítulo de Consideracións no que se salientan opinións, advertencias, demandas e recomendacións das diferentes entidades e axentes representados no Consello, aprobadas por unanimidade dos seus membros. Logo de 25 anos, a Memoria do CES é un informe consolidado e unha ferramenta útil para entender a situación socioeconómica de Galicia desde as distintas sensibilidades das organizacións que compoñen o Consello.
A mirada dos axentes socioeconómicos analiza o panorama económico, o mercado de traballo e as relacións laborais (neste ano, cun apartado sobre dixitalización e teletraballo), o dinamismo do tecido produtivo, a calidade de vida e benestar social e os recursos e capacidades para o desenvolvemento.
O Consello Económico e Social é un órgano consultivo da Xunta de Galicia creado para facilitar a participación dos axentes socioeconómicos e dos representantes da sociedade civil organizada na vida económica, social e cultural e no proceso de toma de decisións. O CES configúrase como un foro permanente de diálogo e deliberación entre os axentes económicos e sociais e os poderes políticos. Desde a súa creación, o Consello foi concibido, ademais de como foro plural e cualificado, como un órgano marcado pola súa independencia.
Na imaxe, a presidente do CES, o do Parlamento de Galicia e a presidenta de turno da Comisión sectorial encargada da Memoria, Rosa Otero.