O CES entrega ao Parlamento unha declaración institucional de apoio á economía social de Galicia

O presidente do Consello Económico e Social de Galicia, Agustín Hernández, entregou este mediodía ao presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, unha declaración institucional de apoio e compromiso coa economía social de Galicia, aprobada polo Pleno do CES o pasado 8 de novembro.

O presidente do CES acudiu acompañado polo presidente de ForoESGAL, Celso Gándara; a representante do Consello Galego de Economía Social no CES, Mar Pernas Márquez; e a vicepresidenta do ForoESGAL, Isabel Fraga.

A economía social xera o 8% do PIB europeo, con máis de 13,6 millóns de empregos remunerados a través de máis de 2,8 millóns de empresas e entidades en Europa. En España, a economía social produce o 10% do PIB, proporciona o 12,5% do emprego e vincula ó 42,8% da poboación. O mapa da economía social en Galicia está formado por máis de 7.300 entidades e empresas, cun volume de emprego estimado de 24.904 persoas traballadoras e máis de 74.120 persoas socias, comuneiras ou mutualistas (segundo o tipo de entidade), xerando ao redor do 7% do PIB.