Comparecencia do director xeral de Relacións Exteriores e coa UE
Unha comparecencia na sede do CES do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta, Jesús Gamallo Aller, foi o punto de partida dun novo informe no que xa está a traballar este organismo: unha análise sobre as perspectivas que se abren para Galicia co novo período de programación dos Fondos de Cohesión Europeos, no horizonte 2021-2027.

Consciente da importancia que os fondos comunitarios e as diferentes iniciativas que poden financiar teñen para o desenvolvemento de Galicia, o Consello Económico e Social de Galicia acordou, na última sesión da súa Comisión Permanente, crear un grupo de traballo para estudar as propostas que se poden facer desde Galicia en relación co período de programación para os anos 2021-2027 dos fondos comunitarios. O informe foi encargado á Comisión sectorial nº 3, Desenvolvemento rexional, do Consello. O obxectivo final do traballo do CES é plasmar as aspiracións e inquedanzas dos axentes sociais representados no organismo en relación con eses fondos e nas súas prioridadese o seu posible impacto para Galicia e facer chegar esas conclusións tanto ao Goberno galego como as instancias comunitarias.
Na súa comparencia diante da Comisión sectorial, o director xeral expuso unha visión xeral das iniciativas que estanse a desenvolver polo seu departamento neste eido. A intervención foi seguida dun turno de preguntas moi activo por parte dos membros do CES.
Neste primeira fase do proceso de elaboración do informe trátase de que representantes insitucionais con competencias e coñecemento directo deste tema podan explicar aos membros do Consello o estado de situación do novo período de programación, as súas perspectivos e os impactos previstos para Galicia. Neste marco produciuse a comparecencia de Gamallo Aller. Tamén está previsto contar coa presencia do director xeral de Planificación e Orzamentos, en data aínda por concretar, para que aporte unha visión máis económica.