Galicia participa na reunión do Comité de Orientacións da RTA celebrada en Nantes
Os Consellos Económicos e Sociais das rexións atlánticas, agrupados na Rede Transnacional Atlántica (RTA), aprobaron na última xuntanza do seu Comité de Orientacións un informe sobre a Estratexia Atlántica europea que trata de identificar as insuficiencias dese programa comunitario e aportar propostas de mellora da mesma. O documento aprobado será dirixido á Comisión, ao Parlamento Europeo e mais ao CES comunitario para que teñan, de primeira man, as propostas da sociedade civil para a mellor aplicación e aproveitamento da estratexia.
Logo de dous anos de aplicación da Estratexia Atlántica, un programa da Comisión Europea para promover a economía desta zona do continente, a RTA tentou identificar os fallos ou puntos febles da súa aplicación e, nesta fase intermedia de aplicación do plan de acción da misma, tamén aporta a visión dos axentes socioeconómicos sobre melloras que podrían corrixir as deficiencias detectadas. O informe besase en enquisas que cada CES elaboro entre os actores do seu territorio para detectar as dificultades e obstáculos que veían respecto da estratexia.
Na reunión, celebrada na localidade gala de Nantes e na que participaron os presidentes e secretarios xerais dos CES das rexións do arco atlántico de Francia e España e de Portugal, a RTA aprobou tamén a próxima elaboración dun novo informe sobre ol impacto da saída do Reino Unido do ámbito comunitario (o chamado Brexit) para estas rexións.