O Consello Económico e Social ven de aprobar o seu ditame ao anteproxecto de Lei de inclusión social de Galicia, un documento avaliado polo amplo consenso acadado entre os membros do organismo consultivo.
O CES emite unha valoración xeral positiva do proxecto normativo, que supón un avance na adaptación do marco galego en materia de inclusión aos principios e criterios das institucións europeas neste eido, así como ás recomendacións das organizacións especializadas do terceiro sector.

Entre as súas consideracións xerais ao texto, o Consello salienta a configuración como dereito subxectivo das persoas a dispor dun mínimo vital económico e a un proceso de inserción social activa que lles permita vivir con dignidade. O CES lembra que, como poñen de relevo todas as entidades que traballan na loita contra da exclusión, o camiño da inclusión posa pola incorporación ao mercado de traballo e o acceso ao emprego de calidade.
Ao carón desas consideracións xerais, o ditame do CES fai tamén consideracións particulares sobre aspectos do articulado como, entre outros, os requisitos xerais de acceso á renda de integración social, o proxecto persoal de integración ou o papel dos servizos sociais públicos nos procesos.