O entorno escolar e os ámbitos laborais foron son os escearios principales, xunto a case calquera outro contexto, para as novas adiccións que medran na nosa sociedade asociadas ás novas tecnoloxías. En particular, as pantallas, as redes sociais e o acceso universal a internte están a crear dinámicas de adicción, ou de uso problemático, segundo sinalaron os expertos e os axentes sociais que participaron na xornada de debate que se celebrou na sede do CES-Galicia.
Logo dunha visión xeral a cargo do catedrático da USC Elisardo Becoña, que pormenorizou a situación desde un punto de vista de saúde mental destes problemas, a primeira mesa de debate fixo fincapé na situación da mocidade e dos adolescentes, sobre todo no entorno escolar. Trátase dunha idade de profundos cambios e os participantes coincidiron na necesidade de acompañar, educar e escoitar aos rapaces e ofrecerlles alternativas de relación social, familiar e de ocio.
No ámbito do emprego, os axentes socioeconómicos salientaron a necesidade de extender o concepto de traballador vulnerable a aquelas persoas que teñen unha relación conflictiva, mesmo de dependencia, con esas novas tecnoloxías. En todo caso, esta realidade está aquí para quedarse e todos os cidadáns deberán atopar o mellor xeito para aproveitar as súas bondades e facer un uso responsable dos aparellos.

