Axentes sociais e expertos debaten sobre os retos do estado do benestar nunha xornada organizada polo CES-Galicia

Unha visión desde Galicia do retos de futuro do estado do benestar. Éste será o motivo central da xornada de debate que reunirá, o vindeiro 30 de outubro, a expertos e axentes sociais na sede do CES. Os participantes abordarán a través de mesas redondas os distintos aspectos deste elemento básico das sociedades modernas, a súa caracterización e evolución e, nomeadamente, os retos que enfronta a súa continuidade, como a transición demográfica, as novas vulnerabilidades ­-precariedade, coidados e vivenda- ou a transición ecolóxica.