Os axentes económicos e sociais de Galicia, optimistas sobre o futuro de Ferrol

Presentación do informe do CES sobre a cidade e a súa área de influencia

Ferrol e a súa área de influencia poden afrontar o futuro con optimismo. Así se recolle nas conclusións do informe do CES sobre ese territorio, que foi presentado onte na cidade naval, coa presencia de representantes políticos, institucionais e axentes económicos. Na súa intervención, a presidenta do Consello, Corina Porro, salientou que existen importantes recursos e capacidades con potencialidade para mellorar a competitividade do seu tecido empresarial e a calidade de vida dos seus cidadáns.

Acompañada pola vicerreitora do campus de Ferrol, Araceli Torres, e polo alcalde da cidade, Jorge Suárez, a presidenta repasou polo miúdo o contido do informe e salientou o valor do consenso acadado entre todos os axentes presentes no CES que, a través dun proceso de diálogo e negociación, foron quen de acadar a unanimidad nas súas análises e propostas de futuro.

Aínda que constatou problemas graves na zona, en particular a caída demográfica, e a necesidade de elaborar un plan de emprego e reindustrialización, a presidenta do CES insistiu nas potencialidades da área para mellorar. O informe do CES contén directrices estratéxicas e propostas de futuro que, agrupadas a modo de decálogo, centran a súa ollada, entre outros espectos, na creación de emprego de calidade para fixar poboación, a necesidade dun plan industrial centrado nas potencialidades do sector naval pero aberto a novos sectores, a mellora das infraestruturas, e a colaboración entre todos os actores principais, entre os que nomeou a Navantia, o Porto, a Universidade e a Armada.

Porro rematou lembrando que o CES pretende que o informe sexa útil para os encargados de xestionar, nas súas distintas competencias, as políticas da área. “Presentamos unha reflexión dos axentes económicos e sociais que esperamos que podan ser aproveitadas.

Na imaxe, un momento da presentación do informe no salón de actos do campus industrial da UdC, con Corina Porro, a vicerreitora e o alcalde de Ferrol.